Hello kids and families!!
A próxima semana comezaremos a usar Snappet en todos os cursos de Primaria, de primeiro a sexto. É unha plataforma na que teredes os temas e as tarefas de inglés e nela ireivos indicando que tedes que facer cada día que teñamos clase. Todo faise nesta web, á que podedes ir botando un ollo se queredes (https://es.snappet.org/).
Podedes acceder a ela desde ordenadores, tablets e smartphones. É moi sinxela e divertida de usar. Todo o que facedes queda rexistrado e temos un chat na mesma web para ir comentando o que non entendemos ou o que nos gusta máis ou menos.
Para poder darvos de alta metendo o nome e apelido de cada neno e nena os pais ou nais que falten por mandar a autorización deben facelo canto antes. Faise enviando ao meu correo (teachercolesigras@gmail.com) o seguinte:
Eu (nome do pai ou nai) autorizo a (nome do/a alumno/a) a utilizar Snappet.
Non se vai a utilizar o nome dos/as nenos/as para nada máis que para saber quen é á hora de acceder á súa clase. Non hai máis datos asociados a eles/elas.
O próximo martes (05/05/2020) enviareivos a todos/as os que esteades rexistrados/as o voso usuario e contrasinal para que accedades á web (tedes que ingresalo só unha vez e xa queda gravado). É importante que todos usemos GOOGLE CHROME pois é a forma de que Snappet non dea fallos e nos deixe colgadas ;)
Unha aperta xigante e espero que nos guste a todos/as esta nova ferramenta e nos facilite a comunicación e a aprendizaxe!
HAVE A NICE LONG WEEKEND AND SEE YOU SOON!