luns, 4 de maio de 2020

Snappet Starts!


Good morning!





Empezamos pouco a pouco a iniciarnos en Snappet.





(Aínda estou esperando autorizacións do alumnado de Primaria! Enviádeas a teachercolesigras@gmail.com canto antes!).





Ao longo do día de hoxe, os/as autorizados/as, iredes recibindo o usuario e contrasinal para poder entrar na web de Snappet. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria recibirá esta información (usuario e contrasinal) por parte das súas titoras: Elena e Elisa.





Recórdovos que é só unha web, non hai que descargar nada e podedes acceder desde ordenadores, tablets ou smartphones. É recomendable que empreguedes o navegador Google Chrome.





Cada alumno/a no seu perfil terá tarefas dispoñibles sempre que ese día teña clase de inglés (seguindo o horario do cole deste ano). Por iso, se entrades agora, probablemente non vexades traballo dispoñible. (Mañá aparecerá para aqueles que tedes inglés os martes).





Calquera dúbida que teñades, escribídeme ao enderezo eléctronico que vos indico.





Aquí deixo a guía para acceder á web.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Get your tickets!

Their own school play goes like this: