domingo, 14 de xuño de 2020

Tell us about your quarantine days!


O outro día recibín a divertida proposta dunha nena moi traballadora e moi creativa que se chama Nerea e vai en quinto de primaria.





Díxome algo así como: "Mira, teacher, no blog de inglés hai moi poucos vídeos de quinto... que che parece se subimos vídeos do que estivemos facendo esta corentena e o contamos falando en inglés?".





Díxenlle que me parecía unha idea xenial e pensei en facer extensiva a proposta a todos os nenos e nenas do cole, de calquera curso, todos podedes participar mandando un vídeo a "teachercolesigras@gmail.com". Unha vez que o reciba subireino para que todos poidamos velo e desfrutalo! (Os vídeos estarán protexidos co contrasinal de sempre).





Por suposto que inauguraremos esta iniciativa co marabilloso vídeo de Nerea and her little sister, Ana:





[vimeo 429057670 w=640 h=564]

9 comentarios:

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Get your tickets!

Their own school play goes like this: